En Terrarendible apostamos polas novas tecnoloxías como ferramentas indispensables na mellor xestión do medio, así pois, mediante tecnoloxía SIX (Sistemas de Información Xeográfica), implementado en un equipo portátil tipo tablet, conseguiuse xeorreferenciar sobre fotografía aérea tanto as concentracións parcelarias de Covas – Esmelle – Marmancón – Mandiá como a de Lago, Meirás e Val, obtendo de forma moi precisa os límites das parcelas e incluso coa numeración dos pedreiros.
Dada a riqueza cultural histórica da zona, outra das tarefas importantes é a localización sobre o terreo daquelas afeccións que poidan ser una traba a hora de realizar aproveitamentos, tales como as de patrimonio, pero tamén as augas ou as zonas de dominio de estradas e vías férreas.
Para facilitar a localización sobre o terreo, cóntase con un GPS de alta cobertura, tipo Garmin, así como un teléfono intelixente con toda a cartografía.
Así pois, todo este conxunto de ferramentas axudan as labores técnicas que se poida presentar.