Quén somos
Terrarendible foi fundada o 17 de outubro de 2013, e naceu como unha agrupación de propietarios que querían poñer en valor as súas terras.
A súa Xunta Directiva está formada por:
Durante a súa andaina, Terrarendible axudou ós seus socios a vender centos de toneladas de madeira, conseguindo unión e forza para mellorar os prezos das empresas madeireiras; fixo plantacións de decenas de hectáreas de diferentes frondosas, e por outra banda, colaborou dinamizando o rural con diferentes formacións en colaboración co Concello de Narón, co que ven firmando un convenio anual de colaboración.
Actualmente a asociación trasladou a súa sede ó primeiro andar do Local Social da Parroquia de O Val, e conta con máis dun cento de socios, a maioría deles son veciños de Narón ou teñen terreos dentro do Concello, pero outros teñen terreos en Valdoviño, Mugardos, Santiago de Compostela, etc.
Coas sucesivas modificacións máis esixentes da Lei de Montes, do Solo, Xestión da Biomasa forestal, e outras, agora moitos dos socios e veciños recorren a Terrarendible buscando asesoramento técnico para localizar fincas e lindeiros, realizar pequenos proxectos, buscar profesionais do sector que poidan realizar traballos plantación, talas de madeira, rozas, podas, recuperación de variedades autóctonas, cultivos de cereais, fungos, gandeiría, consultar distancias de arborados, catastro, pxom, revisar as faixas secundarias de biomasa, e en definitiva, todo aquelo que se necesite relacionado co territorio.
Tamén se están a programar formacións e xornadas para emprendemento no rural, concursos, protección do medio natural…